Castellano Euskera
Bai euskarari zerbitzua euskaraz Certificado de calidad ISO 9001

TIENE EN SU CESTA DE LA COMPRA

0 artículos

en total 0,00 €

BUDAPEST
Título:
BUDAPEST
Subtítulo:
Autor:
BUARQUE, CHICO
Editorial:
FAKTORIA K DE LIBROS
Año de edición:
2008
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-96957-51-0
Páginas:
162
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Sin Stock. Consultar Disponibilidad
15,00 € Comprar

Sinopsis

José Costa é un escritor brasileiro que, de retorno dunha convención internacional de escritores anónimos celebrada en Estambul, chega unha noite a Budapest a causa dun problema técnico no avión. Alí queda cativado pola cidade e pola misteriosa lingua dos seus habitantes, ''a única lingua do mundo que o demo respecta''. A ilustración da cuberta é de MARC TAEGER

José Costa é un escritor brasileiro que, de retorno dunha convención internacional de escritores anónimos celebrada en Estambul, chega unha noite a Budapest a causa dun problema técnico no avión. Alí queda cativado pola cidade e pola misteriosa lingua dos seus habitantes, «a única lingua do mundo que o demo respecta», segundo un proverbio maxiar. Unha lingua que o invitará a desexar ser outro e a mergullarse de cheo nunha cultura tan diferente á brasileira. De volta en Brasil, Costa decidirá deixar todo o que ten: a súa cidade e mesmo a súa familia, e volverá a Budapest para iniciar unha nova vida. Instálase na capital húngara coa enigmática Kriska, que lle ensinará o idioma e coa que terá unha relación sentimental.

Ese ambiente novidoso, rodeado de palabras exóticas, provocará unha sucesión de acontecementos surrealistas e cheos de humor, ata o punto de que o protagonista desdobrará a súa personalidade, converténdose en Zsose Kósta. Ese intenso proceso de inmersión lingüística dá lugar a un relato literariamente denso, sobre o amor entre persoas de distintas culturas, que afonda nas raíces da identidade, máis fráxil e volátil do aparente. Chico Buarque presenta unha historia orixinal chea de musicalidade e referencias á sonoridade das palabras, con interesantes achegas sobre o proceso creativo do escritor e un sorprendente final.

“Budapest”, que gañou o Premio Jabuti, adaptouse tamén ao cinema. O seu autor está unido por lazos sentimentais a Hungría, ata o punto de que os nomes propios da novela -personaxes, rúas, restaurantes...- son os apelativos dos xogadores de fútbol -outra das súas paixóns- da selección húngara no ano 1954.

Otros libros del autor

ESA GENTE
Titulo del libro
ESA GENTE
BUARQUE, CHICO
LECHE DERRAMADA
Titulo del libro
LECHE DERRAMADA
BUARQUE, CHICO