Castellano Euskera
Bai euskarari zerbitzua euskaraz Certificado de calidad ISO 9001

TIENE EN SU CESTA DE LA COMPRA

0 artículos

en total 0,00 €

CARTAS DESDE O MEU MUIÑO
Título:
CARTAS DESDE O MEU MUIÑO
Subtítulo:
Autor:
RIVAS BARRÓS, MANUEL
Editorial:
XERAIS DE GALICIA
Año de edición:
2003
ISBN:
978-84-7507-122-0
Páginas:
304
Encuadernación:
Otros
Disponibilidad:
Sin Stock. Consultar Disponibilidad
Colección:
VARIAS
19,50 € Comprar

Sinopsis

Muller no baño recolle setenta e cinco textos de Manuel Rivas, unidades dese xornalismo intencional que fixa un obxectivo e pretende provocar algún tipo de cambio, artigos escritos, na súa maior parte, durante a súa estadía en Londres, ademais dunha gavela dos publicados en Luzes de Galicia e noutras revistas de arte.
O libro recolle o seu título do texto homónimo co que se inicia este volume. Dialogando coa protagonista do cadro de Roy Liechtenstein Woman in the bathroom, Rivas engarza un relato de ficción que constitúe unha travesía pola presencia da muller na pintura dos dous últimos séculos e un ensaio paralelo sobre invisibilidade do traballo feminino e o papel da muller, desde a década de 1960, como productora social de harmonía e equilibrio dentro da sociedade. Ábrese así, un volume onde a mirada inquisitiva de Rivas se pousa encol da cotidianidade agochada da sociedade actual: analiza acontecementos e problemas como o terrorismo doméstico contra as mulleres e os nenos, os novos tipos de familia, a paixón amorosa, a incomprensión coa mocidade, a marxinación dos emigrantes, o saqueamento da memoria que provoca a enfermidade de Alzheimer, o papel da televisión e dos actuais medios de masas, as formas do novo turismo, a falsa reforma educativa, a paisaxe publicitaria concibida como segunda natureza contemporánea, o crime do esquecemento e da desmemoria, ou a pobreza devastadora provocada polo actual proceso de mundialización.
Muller no baño é, tamén, unha lúcida reflexión sobre a creación e as artes contemporáneas. A pintura, a escultura, a arquitectura, o cine, a fotografía e a propia literatura abórdanse nestes luminosos textos onde Rivas aposta por unha arte que nos achegue ao coñecemento das almas perdidas que transitan por unha realidade enmascarada polo ruído da sociedade mercantilista. Uns e outros textos de Muller no baño posúen densidade humana, rebordan credibilidade e esperanza porque están escritos dende a profundidade da vida.