Castellano Euskera
Bai euskarari zerbitzua euskaraz Certificado de calidad ISO 9001

TIENE EN SU CESTA DE LA COMPRA

0 artículos

en total 0,00 €

FALAR GALEGO. NO VEO POR QUE
Título:
FALAR GALEGO. NO VEO POR QUE. APROXIMACION CUALITATIVA A SITUACION SOCIOLINGUISTICA DE GALICIA
Subtítulo:
Autor:
IGLESIAS ALVAREZ, ANA
Editorial:
XERAIS DE GALICIA
Año de edición:
2003
ISBN:
978-84-8302-939-8
Páginas:
336
Disponibilidad:
Sin Stock. Consultar Disponibilidad
Colección:
VARIAS
23,00 € Comprar

Sinopsis

?Falar galego: no veo por qué?, o ensaio de Ana Iglesias Álvarez, analiza o discurso espontáneo e privado, ou semiprivado, da maioría silenciosa, os que normalmente non teñen acceso ó discurso público, pois o que busca é a perspectiva dos propios falantes, protagonistas en definitiva do proceso de normativización e normalización das linguas. ¿Por que o meu fillo non fala galego se eu lle falo en galego?, ¿por que sinto o galego como «a miña lingua» e a pesar diso cústame tanto falala?, ¿por que acabo falando castelán sempre que alguén se dirixe a min nesta lingua?, ¿por que me molesta que a xente que toda a vida falou castelán agora empece a falar galego? Este libro quere servir de guía para reflexionar sobre todas estas cuestións, tan importantes para a nosa sociedade.
Falar galego: no veo por qué estudia a relación entre os distintos factores que nos levan a utilizar unhas linguas ou outras, descubrindo que non só as actitudes son importantes neste proceso, senón tamén o hábito, o contorno ou o nivel de competencia lingüística. E destácase, desde a perspectiva ideolóxica, a relevancia de distinguir o que afirmamos explicitamente do que queda só insinuado de forma implícita. Así poderemos comprobar que as nosas actitudes non son tan boas como reflicten as enquisas. Este estudio baséase no corpus resultante da realización de nove grupos de discusión, e achégase ás inquedanzas dos galegofalantes e dos castelanfalantes en torno ó tema das linguas, moi especialmente o galego.